Evacuada unha persoa tras ser rescatada da auga nunha praia de Porto do Son

02 Setembro 2025

A persoa foi evacuada a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Os feitos ocorreron ao fío das 19 horas na Praia de Coira, en Goiáns. Foi nese momento cando varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar de que sacaran a unha persoa da auga que precisaba asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento e Gardacostas, ao GES de Noia, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Tras ser rescatada da auga e reanimada no propio areal, a persoa foi trasladada ao centro sanitario para recibir atención médica especializada.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

A ría de Noia acolle este sábado a XXIV Travesía Solidaria a Nado

Este sábado 15 de agosto, a ría de Noia volverá acoller unha das citas con máis tradición do calendario deportivo da comarca: a XXIV Travesía Solidaria a Nado de ADECO-DEA. Trátase dunha xornada para gozar do deporte e "sobre todo para seguir facendo da inclusión e do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.