Este venres arrincan as Festas do Castro en Cabo de Cruz

03 Setembro 2025

Este venres 5 comezan as Festas do Castro en Cabo de Cruz. A axenda, que vén cargada de concertos e actividades de lecer e culturais, arrinca o venres pola noite cunha verbena DJ con DJ Matrek, Manu X, DJ Fagas e Euphoria.

Ao día seguinte, sábado, haberá sesión vermú con Trío Blanca Doble, e pola noite será a quenda da boirense Sabela King & The Heartbreakers. Tamén actuará novamente Trío Blanca Doble e Grupo M5.

O domingo comezará cunha sesión vermú do Grupo JB Son, que dará comezo a un xantar campestre. Pola tarde será a quenda da rapazada cunha festa infantil a partir das 17.00 horas, con inchábeis de pista e salto, touro, tatuaxes e escuma. A partir das 22h haberá a verbena co Grupo JB Son.

O luns 8 celebrarase ás 12h unha misa solemne e unha procesión na honra da Nosa Señora da Natividade do Castro. A partir das 13.30 horas haberá unha sesión vermú con Dúo Explosión e os Gaiteiros de Ar de Loureda. Pola noite verbena (ás 22h) con Dúo Explosión.

O martes 9 haberá misa solemne na honra de San Antonio, cos Gaiteiros de Ar de Loureda a partir das 12h.

O mércores 10 haberá misa solemne na honra da Virxe do Carme, cos Gaiteiros de Ar de Loureda, a partir das 12h.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.