Este luns empezou a campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial

21 Setembro 2025

Galicia iniciou unha nova campaña de inmunización contra o virus da bronquiolite nos lactantes

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, iniciou este luns 22 de setembro unha nova campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS), causante da bronquiolite, coa finalidade de previr hospitalizacións nos lactantes.

TVG

A protección introducirase de novo nos hospitais para todos os bebés que nazan ata o remate da campaña, previsto para marzo de 2026. Ademais, comezará a citación de bebés prematuros menores de 12 meses e lactantes con alto risco de enfermidade grave menores de 24 meses.

Unha semana despois, o luns 29 de setembro, a Consellería de Sanidade activará tamén a convocatoria para os menores de seis meses nados fóra da campaña, entre o 1 de abril e o 21 de setembro de 2025.

Segundo explicou a xefa do Servizo de Prevención e Control de Enfermidades, Susana Carballal, esta medida xa amosou a súa eficacia. Galicia foi pioneira en 2023 na introdución desta inmunización, que permitiu reducir máis dun 90% as hospitalizacións por VRS entre os nenos e nenas inmunizados.

Na campaña anterior administráronse doses a 12.719 bebés, acadando o 100% de cobertura nos lactantes con factores de risco, o 91,74% nos recaptados en 2024 e o 98,27% nos nados durante a campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.