Erica González e O Titiribaile achegan este venres un contacontos para bebés na praza de Galicia de Boiro

24 Setembro 2025

A céntrica praza de Galicia en Boiro vai dar acollida este venres 26 de setembro a un espectáculo de contacontos para bebés: Chegados a este punto. A cita dará comezo ás 18.00 horas. Trátase dunha actividade de lecer e de estimulación para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos.

As entradas estarán á venda a partir das 17.00 horas no Centro Social.

O espectáculo vén da man de Erica González e é unha produción de O Titiribaile.

Historia do espectáculo

Era o verán de 2008 cando arrincaba este conto, un conto polo momento sen final.

Erica González Miguel, con moitas ganas por meterse de cheo no mundo do teatro, a fantasía e os contos decide montar esta compañía, O Titiribaile. Nese momento pon a toda a súa familia a axudala. Así é como ao pouco empeza a crearse esta empresa e é entón cando Erica dáse conta que os soños, poden facerse realidade.

A idea do nome xorde dun xogo que o seu avó materno facíalles de pequenos: collían a mapoula antes de florecer e dicían: monxa, frade ó titiribaile! e os nenos debían de acertar a cor que ía saír sendo estes vermello, branco ou rosa.

Esta pequena compañía na actualidade conta con varios guións e con material técnico suficiente para espectáculos de pequeno formato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.