Enraizadas Teatro, nova compañía de Ribeira, estréase con “Terra Trágame”

09 Setembro 2025

Este 9 de setembro foi un día especial e histórico para o teatro de Ribeira: estreouse en sociedade unha nova compañía local, Enraizadas Teatro, consolidando o papel referencial de Santa Uxía como cidade das artes escénicas. Na presentación (da agrupación e do seu espectáculo Terra Trágame) participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, as produtoras da nova compañía Enraizadas Teatro, Kica Fernández e Loida Fernández máis a representante de ÁGAPE, Sabela Cuñarro.

A concelleira mostrouse moi orgullosa de facer esta dobre estrea con Kica e Loida “dúas ribeirenses que sempre estiveron involucradas coa cultura e en especial co teatro; e que mellor que facer a estrea na súa casa, no novo auditorio”.

Terra trágame é o nome da obra que se vai estrear o vindeiro venres 19 de setembro ás 21.15 horas no Auditorio Municipal cunha entrada de 5,00 euros a favor da asociación ÁGAPE (Asociación Galega de Acompañamento Persoal e Educativo).

Terra Trágame, do autor Vicente Cañón, é unha nova obra composta por 7 sketchs máis presentación e despedida. En clave de humor represéntanse situacións incomodas, comprometidas ou meteduras de zoca, que nos poden pasar a calquera, ou que a moitos xa nos pasaron.

Kica Fernández agradeceu ao Concello polo “apoio e a axuda” e tamén manifestou que esta nova estrea significa “unha entrega a ese público que leva tantísimos anos vindo ás nosas representacións e apoiándonos; e que mellor que facelo por unha boa causa con ÁGAPE”.

Pola súa banda, Loida Fernández explicou o nome da nova compañía, Enraizadas Teatro: “este nome é porque as nosas raíces saíron de aquí; da Escola Municipal de Teatro de Ribeira onde nos formamos Kica máis eu fai xa 30 anos”.

Loida falou da intensa colaboración xunto a Kica durante estes anos en diferentes proxectos e que o da creación da compañía “viña dende hai a anos de querer facela e así agora estamos emocionadas e encantadas”. Rematou nomeando ás colaboradoras: Ángeles Pérez, Loly Sobrido e Sheyla Caamaño, “todas comezaron no Grupo Municipal de Teatro de Ribeira”.

Para rematar a representante de ÁGAPE, Sabela Cuñarro agradeceu o espírito solidario de Loida a Kica porque coa recadación dos donativos da entrada “poderemos seguir traballando con máis solvencia na neurodiverxencia cos nenos e nenas dende o voluntariado”. Sabela rematou animando á veciñanza a asistir a esta nova obra. Os puntos de venda para mercar as entradas serán: a sede de ÁGAPE, Don Tacón, Peluquería Ángeles, A Fiandeira, Asociación Amas de Casa ou no Auditorio unha hora antes do comezo da obra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.