En Noia, as brigadas municipais incrementan a seguridade na estrada de Pontenafonso

10 Setembro 2025

Este martes 9 de setembro a brigada de parques e xardíns do Concello de Noia procedeu á poda de distintas árbores que invadían a estrada que une o núcleo da vila con Pontenafonso. Segundo informaron dende o Goberno local, as pólas deste tramo supoñían un obstáculo para o paso de vehículos, comprometendo a seguridade viaria e dificultando o paso do transporte público. O Concello agradeceu o traballo desenvolvido pola brigada de parques e xardíns, que inicia co novo curso unha tempada de traballo intenso en todas as parroquias do municipio. Dende o Consistorio informaron tamén da adquisición para a xestión municipal do tractor xestionado até o de agora pola empresa concesionaria, que será de gran utilidade para traballos de roza e limpeza.

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.