Dodro, Rois e Padrón clausuraron cunha xornada empresarial o seu programa de emprego

28 Setembro 2025

O pasado 25 de setembro, o Pazo de Lestrove (Dodro) acolleu a xornada de experiencias empresariais e o acto de clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello da comarca de Sar, unha iniciativa destinada a mellorar a empregabilidade e a inserción laboral dun total de 100 persoas desempregadas dos concellos de Dodro, Rois, Valga, Pontecesures, Padrón e Catoira.

Pola esquerda: Maite Tocino (alcaldesa de Pontecesures), Mercedes Basante (tenente de alcalde de Rois), Zeltia Lado (directora xeral de Emprego e Formación da Xunta), Xabier Castro (alcalde de Dodro) e Luis Mariño (alcalde de Padrón en funcións)

Ao longo dos últimos meses, o programa desenvolveu accións formativas, obradoiros e itinerarios personalizados de orientación laboral, co obxectivo de facilitar a incorporación ao mercado de traballo. Esta xornada encadrouse nun amplo conxunto de actividades do Programa Integrado de Emprego 2024/25, cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por fondos finalistas do Servicio Público de Empleo Estatal.

O acto estivo estruturado en dúas partes. Na primeira, celebrouse un coloquio coa participación de representantes do tecido empresarial da comarca. Interviron representantes das empresas Servicios Integrales de Formación SL., STAC SL, Cortizo SA, FINSA, Ana Muñiz SL e Conservas Cerqueira SA, que explicaron a actividade que desenvolven, os perfís profesionais que máis demandan e as súas estratexias de selección de persoal. As persoas participantes tiveron ocasión de coñecer de primeira man a realidade destas compañías e expor as súas dúbidas directamente.

Na segunda parte desenvolveuse o acto institucional de clausura, no que participaron representantes dos concellos de Dodro, Rois, Padrón e Pontecesures, así como a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado Lago, quen destacou o esforzo realizado polas persoas beneficiarias e a importancia de continuar apostando por programas que impulsen a formación, a igualdade de oportunidades e a dinamización económica do territorio.

O programa acadou un 41% de inserción laboral, unha cifra que supera amplamente o mínimo do 35% establecido pola Xunta de Galicia. Ademais, permitiu fortalecer as competencias profesionais das persoas participantes, especialmente en sectores con alta demanda de emprego.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.