Demetrio Bermo Vilasó doa unha obra de belas artes ao Museo Valle-Inclán

05 Setembro 2025

O recoñecido mestre artesán da madeira Demetrio Bermo Vilasó, natural da Pobra do Caramiñal, realizou unha nova doazón ao Museo Valle-Inclán. Cunha traxectoria de máis de 70 anos como deseñador, ebanista e tallista, Bermo é autor de numerosas obras sacras e de mobiliario artístico que o sitúan como unha das figuras destacadas da artesanía galega contemporánea.

Nesta ocasión, entregou ao museo un peto esmoleiro dedicado a San Roque, peza elaborada en madeira de castiñeiro e moldurada artesanalmente, que incorpora a figura centenaria do santo peregrino, conservando as cores orixinais de pintura de liñaza do século XIX. A nova creación substitúe a unha antiga caixa de esmolas de piñeiro, gravemente deteriorada por insectos xilófagos e por intervencións inapropiadas que a deixaran nun estado irrecuperable.

A iniciativa xurdiu a proposta de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán, quen solicitou a colaboración de Demetrio para recuperar unha peza que levaba anos á espera dun restauro que nunca chegaba por falta de financiamento. O artesán, fiel ao seu espírito xeneroso, aceptou o reto e, “gratis e por amor”, elaborou unha nova obra que pasará a formar parte do patrimonio da institución.

Bermo, que ao longo da súa vida realizou traballos tan recoñecidos como os retablos da igrexa de Santa Rita no Caramiñal, da Virxe da Mercé en Posmarcos, o púlpito da Antiga ou a bancada de noivos da parroquia do Xobre, suma así unha nova contribución á cultura galega e ao legado artístico da súa comarca.

Con esta doazón, o Museo Valle-Inclán incorpora unha mostra máis da mestría dun artesán que, con humildade e talento, segue a engrandecer o patrimonio artístico do Barbanza e de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.