CONGALSA reforza o seu compromiso coa Eurorrexión apoiando a Atlantic Golf Business Cup

27 Setembro 2025

A Corporación Empresarial CONGALSA volveu amosar o seu compromiso coa dinamización económica e social da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal ao apoiar, como patrocinadora, a última edición da Atlantic Golf Business Cup.

Este torneo, co-organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Asociación Empresarial de Portugal (AEP), celebrouse este sábado no campo de golf de Mondariz e consolídase como unha cita deportiva e de networking que favorece a creación de alianzas entre empresarios galegos e portugueses mentres practican golf nun ambiente amateur.

CONGALSA, que conta con empresas tanto en Galicia (a propia CONGALSA) como en Portugal (Sulpasteis), enmarca este patrocinio dentro da súa política de responsabilidade social corporativa, na que o apoio ao deporte base e ás entidades que o impulsan —especialmente no seu contorno máis próximo— é un dos piares fundamentais.

“Con este patrocinio damos un paso máis no noso compromiso co golf e co tecido asociativo do noso contorno. Non só favorecemos a práctica dun deporte en expansión, senón que tamén apoiamos a quen traballa por dinamizar a actividade económica e social”, sinalou o director de Filiais de CONGALSA, Luis Simarro.

A corporación, que organiza cada mes de agosto o seu propio torneo de golf, reforza así a súa vontade de xerar valor compartido impulsando iniciativas que combinan deporte, empresa e comunidade a ambos lados do Miño, “contribuíndo a un desenvolvemento sustentable e enriquecedor para todos”, concluíu Simarro.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.