CONGALSA acode a Conxemar cunha nova e ambiciosa campaña: “O sabor (co)manda”

30 Setembro 2025

A empresa da nosa comarca CONGALSA, compañía galega referente na elaboración de produtos do mar conxelados, participará un ano máis na feira internacional Conxemar e farao presentando a nova campaña CONGALSA, o sabor (co)manda, un concepto que sitúa o sabor no centro da súa proposta gastronómica.

Segundo avanza a empresa da Pobra do Caramiña, “este concepto conecta dous mundos, por unha banda o gastronómico, onde o sabor é a medida do éxito e a comanda é a orde que marca o ritmo e pon en marcha a todo o equipo, pola outra o corporativo, onde ese mesmo sabor convértese no compás que sinala o rumbo, o punto de partida para innovar e o sinal que activa cada proceso dentro de CONGALSA”.

“O sabor que impulsa o noso crecemento é o mesmo que nos lembra por que facemos o que facemos. En CONGALSA, o sabor non só importa senón que tamén (co)manda, marca o ritmo, o rumbo e o sentido da nosa compañía e dos nosos produtos”, subliña José Ramón Núñez, director comercial de Congalsa.

Neste marco, poderase visitar a súa caseta no IFEVI de Vigo os días 7, 8 e 9 de outubro, no Hall 3 – Caseta 3D02, onde mostrará aos visitantes a calidade e versatilidade da súa gama Ibercook Food Service.

Este ano, a campaña non xira ao redor de novos lanzamentos, senón que pon o foco en produtos seleccionados que representan a esencia e versatilidade de Ibercook Food Service:

-Frito mixto: mestura que manda en sabor e en versatilidade. Lagostino rebozado sen cola, mexillón rebozado, bocareu enfariñado e anillas á andaluza: catro razóns para convertelo nun imprescindíbel.

Anillas á andaluza: crocante, áxil e con todo o sabor do sur. Elaborada con Illex Argentinus de primeira calidade e un enfariñado fino que se adhire moi ben na fritura.

-Espetada de lura e lagostino: combinación gañadora de lura, lagostino, pemento e cebola, pensada para sorprender sen complicarse. Funciona soa ou con guarnición.

Gamchito panko con allo e perexil: snack irresistible, pensado para mollar en salsa ou reinar en calquera variedade de aperitivos.

Burguer de abadexo: elaborada con abadexo de caladoiros sostíbeis certificados MSC e conxelado a bordo para preservar a súa frescura e calidade.

Mozza stick: fingers de mozzarella cun gran contraste entre o sabor do queixo e o crocante do seu empanado.

-Empanadilla ao forno de carne: nova receita con recheo a base de pulled pork, ovo, oliva, cebola, touciño entrefebrado, pemento e tomate, recubrida por unha masa crocante.

Ademais, CONGALSA seguirá a potenciar para exportación referencias como as mini-samosas de polo ao curry e os pasteis de bacallau, reforzando a súa presenza en mercados internacionais.

“En CONGALSA queremos que os nosos clientes recoñezan que detrás de cada produto hai calidade, innovación e compromiso coa contorna, e esta campaña reflícteo perfectamente”, engade José Ramón Núñez, director comercial da compañía da Pobra do Caramiñal.

Coa súa presenza en Conxemar 2025, a empresa do Barbanza reafirma a súa posición como empresa de referencia no sector, mostrando que, tamén no ámbito profesional da hostalería e a restauración, o sabor (co)manda.

Para máis información podemos acceder á web da campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.