“Conchita”. Xulio Xiz

22 Setembro 2025

A miña veciña vilalbesa Raquel Tenreiro falábame nos anos sesenta de Pardo Ouro, o doutor lucense ao que dedicaba os maiores eloxios. Anos despois, souben do matrimonio Pardo-Teijeiro como o máis glamuroso de Lugo, pola conxunción de ciencia e sociedade que amosaba a especial parella.

Conchita conquistoume cando contemplei a sua relación cos rapaces de Aspnais, cos que era nai, madriña ou irmá maior, co sorriso por bandeira, coa palabra garimosa como arma, coa presencia invasiva e contaxiosa que facía que todo xirase arredor dela, mellorando todo o que habia arredor.

Hai trinta anos, en Televisión Lugo, pensei en Conchita para presentar mensualmente un dos Feminino Plural, e Conchita non só foi presentadora televisiva senón que de paso conquistounos a todos, rendidos diante daquela muller natural e sinxela, que presumía de vestir en Zara, que falaba con todos, que a ninguén deixaba impasible, que fixo de Aspnais unha bandeira, e que se aínda non ten en Lugo unha rúa é porque o concello considerou que ata agora non atopara unha vía sen bautizar á súa medida.

Replegada en si mesma, Conchita deixou de frecuentar o Lugo público que lle pertencía, e fóisenos en silencio esta fin de semana pasando do agarimo á lenda; da presenza luminosa á historia social da cidade á que fixo máis leda e máis humana.

Quen queira saber como era Conchita, achéguese a Aspnais,. Na entrada verá a escultura en bronce dunha fermosa muller que abraza a un rapaz con agarimo de nai. Ese é o lugar perfecto; esa era ela; e o rapaz representa aos centos de almas nobles que veñen de perder o ser máis querido por todos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

En la cumbre de la OTAN de la semana pasada no sorprendieron las boutades del presidente americano que primero insultó a España -y a otros socios- y en el vuelo de vuelta se deshizo en elogios a nuestro país, no se sabe a cambio de qué. Tampoco fue sorpresa alguna la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.