O Concello de Rianxo informou do inicio dos traballos de renovación da zona de ocio infantil do Parque da Martela.
As tarefas a realizar, que contan cun orzamento de aproximadamente 30.000€, inclúen a substitución dos elementos de xogo e o saneamento do pavimento. Prevese que a actuación estea rematada a vindeira semana.
O alcalde Julián Bustelo informou que “imos elaborar un Plan Integral de Mellora dos Parques Infantís para reverter a situación á que chegaron moitos dos parques das diferentes parroquias pola falta dun adecuado mantemento anual, dotando así á rapazada rianxeira dunhas zonas de ocio seguras e decentes”.




