Boiro aproba unha moción para mellorar o abastecemento municipal de auga

11 Setembro 2025

O Concello de Boiro celebrou este mércores día 10 o pleno ordinario correspondente ao mes e setembro, que contou coa totalidade de membros da corporación (17). A sesión, que como de costume pode verse íntegra mediante a canle municipal de YouTube, saldouse con acordos de relevancia, como a aprobación da Conta Xeral 2024, a Relación de Postos de Traballo do Concello de Boiro (incluída a subida salarial das traballadoras e traballadores) cos votos a favor do PSOE e do PP ou unha moción de Boiro Novo para a mellora da rede de abastecemento de auga municipal (na moción reclámase a posta en marcha de medidas urxentes destinadas a evitar cortes ou perdas de presión na traída da auga por non ter unha rede de abastecemento axeitada).

Votacións da sesión:

1. Aprobación de actas das sesións anteriores.

2. Aprobación da Conta Xeral 2024 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

3. Aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo do Concello de Boiro – aprobación con 14 votos a favor (PSOE e PP) e 3 abstencións (BNG e Boiro Novo).

4. Reposición á dispoñibilidade de créditos – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 5 votos en contra (PP) e 3 abstencións (BNG e Boiro Novo).

5. Modificación puntual do PGOM vial conexión DP-1107 e DP-1106 – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo), 2 votos en contra (BNG) e 5 abstencións (PP).

6. Aprobación POS+ adicional 2/2025 2ª fase – aprobación con 17 votos a favor (unanimidade).

7. Moción do grupo municipal Boiro Novo para a mellora da rede de abastecemento de auga municipal – aprobación por unanimidade (17 votos a favor). *a moción foi aprobada cunha emenda.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.