BeOne Rianxo achega matrícula gratis este setembro

08 Setembro 2025

Con setembro volta á rutina e BeOne Rianxo acompaña este regreso co lema Back to gym!, Por fin, convidando a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta, incluíndo tamén unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos, con posibilidade plena de accedermos a todas as instalacións e actividades do centro deportivo rianxeiro, ofrecendo un incentivo adicional para quen desexe comezar a súa viaxe cara a unha vida máis saudábel e activa. O convite está dispoñíbel a través da páxina de Beone.

“O noso centro deportivo”, sinalan, “distínguese polas súas completas instalacións deseñadas para ofrecer unha experiencia deportiva de alta calidade”. Salientan tamén o seu equipamento (cunha gran sala fitness con zonas diferenciadas para cardio, peso libre, adestramento funcional e musculación; e con piscinas para baño e fitness acuático, ao que se engade un spa e máis unha ampla oferta de actividades dirixidas, con clases de tonificación, ciclo indoor e actividades coreográficas, e de corpo-mente).

Dende BeOne Rianxo tamén destacan os servizos que poñen ao dispor das familias, “xa que ofrecemos abonos especiais que inclúen acceso a unha área infantil de xogos e unha escola de natación infantil, brindando así opcións para que tanto adultos como nenos gocen dunha vida activa e saudable nunha contorna divertida”. A isto engádense os adestramentos persoais adaptados ás necesidades e obxectivos de cada usuario, asegurando unha atención personalizada.

Óscar Rial, director do Centro Deportivo BeOne Rianxo, comenta: “En BeOne Rianxo ofrecemos unha contorna pensada para axudar aos nosos usuarios a conseguir as súas metas de saúde e benestar”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.