Begoña Abeijón visita a ampliación do Fogar Amicos

23 Setembro 2025


A directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, achegouse este martes 23 de setembro á sede boirense da asociación Amicos para interesarse polas obras de ampliación do Fogar Amicos. No centro inclusivo recibiuna a presidenta de Amicos, Esther Vidal, o director xeral da asociación, Xoán España, a responsábel da área de Persoas, e varios membros da xunta directiva e do equipo de Amicos.

Antes de dar comezo ao percorrido, Xoán España quixo destacar que “esta obra é un proxecto moi ambicioso no se inverteron moitos recursos; xa só a aportación da Consellería de Política Social ascende a 1,2 millóns de euros divididos en tres anualidades. Se todo vai ben contamos con que a mediados do ano estean rematadas as obras e deamos os primeiros pasos para iniciar o seu funcionamento”.

Tamén apuntou que “imos comprobar algúns dos proxectos financiados na convocatoria dos fondos IRPF, que nos permiten atender e prestar apoios a máis de oitenta persoas con discapacidade; dende programas tutelares a promoción de emprego, pasando por iniciativas de vida independente. Gracias tanto á Consellería como á Dirección xeral, porque isto para nós significa construír futuro e, ao mesmo tempo supón o seu recoñecemento e implicación co colectivo de persoas con discapacidade. Creo que este é o camiño correcto, que hai un bo traballo, sincero e continuo, e esta é a maneira de construír”. Unhas palabras de agradecemento ás que se uniu a presidenta da entidade.

Pola súa banda, Abeijón destacou que “este é como o noso segundo fogar. Dende a Xunta de Galicia cremos firmemente en Amicos, no seu traballo e na forma na que apoian ás persoas con discapacidade. Tamén en como traballan para integralas na comunidade, a través de proxectos de primeiro nivel, como os proxectos medioambientais de restauración de fondos mariños que coñecemos este verán, pero tamén os de fomento da vida independente. Por iso continuaremos a apoiar a Amicos, non só a nivel institucional senón tamén no económico, así como a outras entidades sociais de Galicia para que garantir que conten co apoio que necesitan”.

A continuación, o grupo visitou as obras de ampliación do Fogar Amicos, un paso co que se pretende adoptar un novo modelo de residencia, que continúe o camiño de fogar e mellorar o servizo. Esta ampliación aumentará a complexo residencial con trinta novas prazas, que se sumarán ás trinta e sete cas que xa conta o servizo. As obras deste novo módulo residencial xa se atopan na recta final, e prevese que poidan estar operativas de cara a 2026. Este albergará vinte e seis dormitorios individuais, cadanseu cun aseo adaptado, así como varios espazos comúns e os servizos necesarios para a máxima comodidade das persoas con discapacidade intelectual, en especial de aquelas con grandes necesidades de apoio.

O Fogar Amicos é un recurso de vivenda temporal ou permanente, dependendo das necesidades de cada persoa usuaria, para persoas con discapacidade intelectual que necesitan un apoio integral, continuado, persoal e multidisciplinar. Para iso un equipo de profesionais ofrecen unha atención individualizada as 24 horas do día durante os 365 días do ano. Dende Amicos decidiuse emprender esta ampliación “debido á alta demanda existente na zona dun servizo destas características”. Asemade, esta levouse a cabo grazas ao investimento financiado por FADEMGA e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.

Muse MusicArTherapy

A visita da directora xeral de Persoas con Discapacidade coincidiu cunha visita dos socios italianos do proxecto colaborativo MUSE MusicArTherapy, que busca mellorar as habilidades de comunicación dos profesionais dedicados á atención a persoas con necesidades de apoio, ao potenciar a empregabilidade de coidadores e coidadoras mediante formacións integrais que lles permitan adquirir as competencias básicas para a relación de coidado pedagóxico-terapéutico. Este céntrase na metodoloxía innovadora da MusicArTerapia na Globalidade das Linguaxes, método de Stefania Guerra Lisi desde 1970, que promove a Inclusión apoiada na prevención, educación, rehabilitación e actividades terapéuticas.

O encontro celébrase este martes e mércores, 23 e 24 de setembro, días que dedicarán a poñer en común o traballo realizado ata o momento. Asemade, emendaranse cuestións técnicas da iniciativa, e os participantes asistirán a dúas clases maxistrais sobre Introdución teórica e práctica á
disciplina GdL, impartida pola creadora e líder escolar Stefania Guerra Lisi (SGL).

Muse encadrase no marco do programa Erasmus+, a través do SEPIE. Está coordinado por Amicos e conta coa colaboración de Università Popolare di MusicArTerapia nella Globalità dei Linguagi – Metodo Stefania Guerra Lisi dal 1970 e a Cooperativa Umanista Mazra.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.