Baleares asalta o liderado na segunda xornada da Regata da Muller en Vilagarcía

20 Setembro 2025

A segunda xornada da Regata da Muller, que se celebra estes días en augas da Ría de Arousa baixo a organización do Centro Galego de Vela, deixou unhas condicións case perfectas para a navegación, cun total de sete mangas validadas polo Comité e a entrada en acción de dous descartes por equipo aos peores resultados parciais.

Co novo escenario competitivo, o equipo de Baleares tomou o relevo de Canarias no máis alto da clasificación. As regatistas do Real Club Náutico de Palma, lideradas por Gabriela Morell, situáronse líderes con 19 puntos grazas á súa regularidade e dous primeiros postos.

Moi preto, a só tres puntos, están as galegas do Real Club Náutico de Vigo, que brillaron nesta segunda xornada da man da patrona Paula Ríos, logrando tamén dous primeiros parciais e colocándose na prata provisional con 22,25 puntos. O bronce é para Cataluña, co equipo de El Balís, patroneado por Jana Rahola, que baixou un chanzo na táboa aínda que se mantén a tan só 0,75 puntos das galegas.

A xornada comezou con aprazamento pola inestabilidade meteorolóxica, pero finalmente o vento do suroeste, entre 260 e 270 graos e con intensidade de 9 a 12 nós, permitiu competir no mesmo campo de regatas que o venres, entre Illa, Malveiras e Cortegada.

Este podio tan axustado evidencia a igualdade e o nivel que se está vivindo en Vilagarcía, nunha edición promovida polas Reais Federacións Española e Galega de Vela, co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Ence – Plan Social.

Todo quedará decidido este domingo, na terceira e última xornada, coa clasificación moi aberta e as medallas en xogo entre Baleares, Galicia e Cataluña.

Vilagarcía. © RFGV

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.