Atopada a veciña de Rianxo desaparecida

24 Setembro 2025

Dende Protección Civil de Rianxo e dende a Policía Local informaron a primeira hora deste mércores 24 da desactivación do dispositivo de busca da persoa desaparecida en Rianxo, a veciña Josefina García, da que non se tiña noticia dende a tarde deste martes. Foi atopada por un veciño. Protección Civil de Rianxo agradeceu a veciños e aos compañeiros de Protección Civil de Pobra do Caramiñal e Catoria a implicación.

A alerta de desaparición foi dada polos seus familiares ao decatarse da súa ausencia no domicilio, situado na rúa Gudiños. Ante a falta de novas, ao redor das 21:00 horas púxose en marcha o protocolo de busca, coordinado pola Policía Local da vila.

O propio alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, fixo un chamamento á cidadanía para que colaborase coa localización da veciña desaparecida, o chamando ao 112 ou ao número de contacto directo 609 862 222.

As tarefas de procura continuaron este mércores 24 de setembro, con participación de efectivos municipais e voluntariado, e finalmente o dispositivo acadou o éxito desexado dende o primeiro intre.

Josefina foi localizada sobre as 05:00 horas do día de hoxe e, segundo confirmou a Policía Local, atópase ben, aínda que foi trasladada ao Centro de Saúde de Rianxo para unha valoración en detalle.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.