ATEGAL abre este luns 8 de setembro o prazo de inscrición nas Aulas Sénior de Padrón

02 Setembro 2025

As Aulas Sénior de Padrón, orientadas a fomentar un envellecemento activo, arrancan un novo curso cunha programación variada de actividades saudábeis, culturais e de lecer. O programa, xestionado por ATEGAL en colaboración co Concello de Padrón, continuará tamén coa súa oferta nas parroquias rurais dirixido a persoas maiores de 50 anos.

Este ano a data de inscrición comeza o 8 de setembro para persoas empadroadas en Padrón (e o 17 de setembro para maiores do resto da comarca). Tradicionalmente o prazo abríase o día 15, pero nesta edición adiántase debido a que as clases comezarán tamén antes, concretamente o 1 de outubro de 2025, prolongándose ata o 31 de maio de 2026.

O custo da matrícula é de 60 euros anuais por persoa, ou 100 euros no caso de matrimonios, ademais dunha cota de 10 euros por actividade.

As actividades desenvolveranse na sede do Centro Social de Padrón (Campo do Souto, nº 2) e tamén nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi.

Oferta de actividades en Padrón

No núcleo urbano de Padrón, a programación inclúe actividades físicas como ximnasia de mantemento, ximnasio, escola de espalda, pilates, hipopresivos, ioga-relaxación e camiñadas. Tamén haberá clases de memoria, inglés (nivel 0 e nivel I), informática (nivel 0 e nivel I), pintura ao óleo, pintura en tea, traballos manuais, labores varias (patchwork, bordado, ganchillo, calceta)

No ámbito cultural, prográmase un Clube de Lectura gratuíto, que se reunirá o último luns de cada mes con inicio o 24 de novembro, coa obra La trenza de Laetitia Colombani. Ademais, ofertaranse clases de arte e de Historia de España e de Galicia e actividades de divulgación do patrimonio artístico-cultural.

Oferta de actividades nas parroquias

Na parroquia de Carcacía a oferta inclúe ximnasia de mantemento (martes e xoves, de 9:30 a 10:35 h) e un obradoiro de memoria (mércores de 18:30 a 20:00 h), as mesmas propostas que en Angueira de Suso pero con diferente horario (ximnasia de mantemento os luns e mércores, de 17:00 a 18:00 h, e o taller de e memoria os luns de 18:45 a 20:15 h).

En Estramundi os maiores de 50 anos poderán participar na escola de lombo (luns e venres, de 17:45 a 18:45 h), pilates (martes de 17:00 a 18:00 h e mércores de 16:20 a 17:20 h) e ximnasia de mantemento (martes e xoves, de 19:00 a 20:00 h).

Outras actividades

O programa complétase co Voluntariado ATEGAL, aberto a todo o alumnado interesado en participar nos proxectos das Aulas Sénior.

Información e inscricións

As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 981 811 329 ou a través do correo electrónico cruz.taboada@padron.gal ou na web www.ategal.com.

A inscrición realizarase de xeito presencial no Centro Social de Padrón (Campo do Souto nº2).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.