“As palabras asasinas”. Antón Luaces

24 Setembro 2025

Teóricamente os días están marcados polos nomes que corresponden a cada un dos sete sinalados no calendario mundial no idioma que corresponde a cada nación. Son palabras que designan -de luns a domingo- cada vinte e catro horas que, en demasiadas ocasión, semellan ocas, baleiras, sen o máis mínimo significado, máis están ahì. Proba delo é o que vivimos estes días na ONU, onde o máis interesante para os españois radicaba nas intervencións, no que ían  dicir -e dixeron- os representantes españois -o Rei e o presidente do Goberno-; un ser de luz a quen o demo confunda e que os estadounidenses teñen coma presidente electo -aló eles!- chamado Donald Trump,  o que dixo o chanceler alemá Friedrich Merz (polo moito que calou, o que garfdou no peto o primeiro ministro do Reino Unido, Keir Starmer (polos vínculos con USA) e o que os representantes de Francia (Emmanuel Macron) e Italia (Giorgia Meloni) polo que de controversia significan a día de hoxe tendo en conta o posicionamento a respecto de Palestina de quen, en Europa e a día de hoxe, marcou o camiño a seguir: Pedro Sánchez quen, alto e claro, ven falando de xenocidio -masacre, para o partido máis votado nas últimas eleccións xerais celebradas en España- denominación que o martes aceptou en Nova Iorq a inmensa maioría dos estados integrantes das Nacións Unidas.

Todas as ditas foron a este respecto palabras asasinadas por Israel coa colaboración de USA e o silencio da inmensa maioría dos países árabes, para os que os palestinos teñen un valor relativo, por non dicir mínimo. Porque hoxe en día están a xogarse máis neste envite Europa e os europeos que a totalidade dos países árabes, de sempre desunidos. Talvez porque estes non sempre estados ou países, non tiveron coma tales a chamada “Admirable alarma” ou “Grito de Asensio” que deu inicio á guerra de independencia contra os españois en Montevideo, en 1811. 

De aquí que fale de palabras asasinadas saídas da tribuna da ONU  debido a que as Nacións Unidas naceron coa condición de se desunjr cando calquera cousa que se diga ou se formule que sexa contraria aos cinco gardiáns da “pureza” da Organización, atopará de inmediato o veto das cinco nacións todopoderosas que non precisan dun guión previo para paralizar a forza motriz que permitiu solar imposibles como a creación dos estados de Israel e Palestina no que, históricamente, sempre foi Palestina.

“O que digo non o digo como home sabedor, senon na percura xunta vós da verdade”. (Semanario Búsqueda).

…

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.