As festas do Carme, colofón do verán en Porto do Son

08 Setembro 2025

Porto do Son celebrou a súa Festa do Carme cunha emotiva procesión marítima

Porto do Son volveu cumprir coa tradición e celebrou este 8 de setembro a súa particular homenaxe á patroa do mar, distinta á maioría de vilas galegas que a conmemoran o 16 de xullo.

A xornada estivo marcada pola emotividade da procesión marítima, na que a imaxe do Carme baixou desde a atalaia ata o porto para participar nun acto de ofrenda floral en lembranza das persoas falecidas no mar.

Tras a cerimonia relixiosa, deron comezo tres días de festa con música, verbena e actividades populares, que poñen o broche final ao verán nesta vila mariñeira e turística do Barbanza.

TVG

O martes 9 estará adicado á Virxe do Loreto. Arrincará coas dianas e alboradas de Canlebó. Haberá misas na Capela de Loreto ás 9h, ás 10, ás 11, ás 12, ás 18 e ás 19. Ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Despois haberá unha sardiñada no campamento de Loreto amenizada por Paco de Leña. Pola noite actuarán Kubo e a Discomóbil Chocolate.

O mércores 10, adicado a San Roque, arrincará novamente con Canlebó. Ás 12h celebrarase unha misa solemne na Capela da Atalaia e logo haberá unha procesión coa Banda de Música de Caamaño. Pola noite, a partir das 22h, volverá a verbena con Los Satélites e Finisterre.

As festas rematarán o xoves 11, o día da Caridade. Logo das dianas e alboradas co grupo de gaitas Canlebó haberá misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ás 17.00 horas haberá actividades para a rapazada no xardín do porto: os inchábeis de Tikolandia e unha festa da escuma. Pola noite será a quenda da verbena coas orquestas París de Noia e Triunfo, máis a cabina de Discomóbil Chocolate. A partir das 0.00 horas tiraranse os fotos de artificio e a continuación haberá ruada e festa da auga coa Charanga Os Celtas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.