Arroupa Moda Re- abre nova tenda en Vilagarcía

29 Setembro 2025

A empresa de inserción Arroupa Moda Re-, impulsada por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, abre este luns 29 de setembro, en fase inicial, a súa nova tenda no número 12 da rúa Castelao de Vilagarcía. O espazo, de 100 metros cadrados, permitirá á cidadanía acceder a moda sostíbel e solidaria, con roupa, calzado e complementos para muller, home e neno.

O establecemento funcionará desde este luns en horario habitual: de luns a venres, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. Desde o primeiro día, as persoas interesadas poderán realizar as súas compras, que contribúen de maneira directa á sustentabilidade social e medioambiental, informaron dende Cáritas, engadindo que a tenda conta xa con dous contratos en inserción laboral, “reforzando así o compromiso de Arroupa Moda Re- coa xeración de emprego inclusivo para persoas en situación ou risco de exclusión”. Ademais, estableceuse unha colaboración cunha modista da zona, á que se derivará á clientela que precise arranxos nas pezas, creando así sinerxías co pequeno comercio local.

Ademais da venda ao público xeral, a tenda de Vilagarcía será tamén un recurso social ao servizo de Cáritas. A través de vales de compra, as persoas acompañadas pola entidade poderán acceder a roupa, calzado e complementos sen custo, garantindo así o dereito para vestirse con dignidade. Deste xeito, cada doazón de pezas e cada compra realizada en Arroupa Moda Re- transfórmase en apoio directo a quen máis o necesitan.

Inauguración oficial o 20 de outubro

A inauguración oficial da tenda será o vindeiro 20 de outubro nun acto que contará coa participación de altos representantes de Cáritas Española, de Cáritas Diocesana de Santiago e do equipo directivo da cooperativa Moda Re- a nivel nacional. Será entón cando se presente de forma oficial o alcance social e humano deste novo proxecto en Vilagarcía.

Con esta apertura, Arroupa Moda Re- continúa ampliando a súa rede de tendas en Galicia, achegando a moda sostíbel e solidaria a máis persoas e fomentando un consumo que coida do medio ambiente e xera oportunidades laborais para quen máis o necesitan.

Cáritas Diocesana de Santiago é unha entidade conformada polas Cáritas Interparroquiais da Coruña, Arousa, Carballo, Pontevedra e Santiago de Compostela e 317 Cáritas parroquiais.

Os seus programas alcanzan a unha poboación total de 1,3 millóns de persoas (o 49% da poboación de Galicia) a través 110 concellos das provincias da Coruña e Pontevedra. Conta cunha rede sólida e comprometida de máis de 2.800 persoas voluntarias e un equipo técnico de case 100 profesionais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.