Arrinca en Ribeira a Mostra de Teatro 2025 co espectáculo “Heroes en decembro”

27 Setembro 2025

A Mostra de Teatro de Ribeira 2025 botou a andar onte, venres 26 de setembro, no Auditorio Municipal coa estrea do espectáculo “Heroes en decembro”, dirixido por Sara Rey a partir dun texto de Eva Mir. A produción, froito da colaboración das compañías Vórtice Escénico, Ancoraxe e o Centro Dramático Galego (CDG) xunto ao Concello de Ribeira, pon o broche á primeira Residencia Teatral Artística de Ribeira, desenvolvida ao longo da pasada semana no propio auditorio.

Fotos de Lisardo Vilar

O inicio da mostra contou cunha moi boa acollida: 434 persoas entre abonados e público con entrada asistiron á función. Antes da representación, tomaron a palabra o alcalde, a concelleira de Cultura e o xestor cultural municipal, quen deron a benvida ás compañías e ao público, agradeceron a súa participación e desexaron unha boa edición. Ademais, anunciaron que este ano se pon en marcha, por primeira vez, un cuestionario de valoración da mostra para recoller a opinión dos asistentes.

Na estrea estiveron presentes tamén o director do CDG, Fran Núñez, así como a xefa de estudos e a secretaria da ESAD de Galicia, acompañando ás compañías nesta apertura da programación.

Fotos de Lisardo Vilar

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.