Amicos e Redeia xuntan forzas para conservar os bosques de gorgonia nas nosas rías

25 Setembro 2025

Redeia e a Asociación Amicos asinaron un acordo de colaboración para restaurar e conservar a biodiversidade dos fondos mariños da contorna do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. O proxecto, cun ano de duración e un investimento por parte de Redeia próximo aos 65.000 euros, enmárcase na Plataforma Bosque Mariño de Redeia, que promove a conservación e restauración dos ecosistemas mariños de maior valor ecolóxico de aquí a 2030.

O convenio de colaboración entre Redeia e Amicos, que xa está en desenvolvemento, contempla actuacións pioneiras na área da ría de Arousa. Estas accións estarán centradas na recuperación dunhas 200 gorgonias, capturadas accidentalmente durante a actividade pesqueira.

Amicos explicou que son os propios pescadores quen recuperan as gorgonias e, unha vez en porto, trasládanas aos acuarios do hospital da Asociación Amicos, habilitado nas instalacións da Confraría de pescadores da Lonxa de Ribeira. Alí, son coidadas polo equipo de Amicos que posteriormente as devolven ao seu hábitat natural. Dende Amicos engadiron que este tipo de restauración activa emprega o método bádminton desenvolvido polo Instituto de Ciencias do Mar do Consello Superior de Investigacións Científicas (ICM-CSIC), que consiste en fixar as gorgonias a pedras naturais para que estas fagan peso, o que permite que as colonias aterren de pé ao ser lanzadas desde unha embarcación.

O proxecto contempla realizar un seguimento científico para coñecer a súa viabilidade a longo prazo.

As gorgonias son organismos crave dos ecosistemas mariños vulnerábeis. A captura accidental reduce as súas poboacións, o que afecta á biodiversidade mariña e ameaza a sustentabilidade do resto de especies que viven ou benefícianse do ecosistema dos fondos mariños, como o marisco, de interese comercial para a economía local. Este proxecto non só protexe o medio ambiente, senón que beneficia ao sector pesqueiro artesanal, ao asegurar a viabilidade dos seus recursos a longo prazo e favorecer unha actividade máis sostíbel. Outro dos obxectivos do proxecto será a contribución para manter o alto valor natural e turístico das Rías Baixas, fundamentais para a economía local.

Restauración e valor social

O proxecto ten a sensibilización social no centro do seu traballo, en palabras de Amicos, que entade que o carácter máis innovador reside no seu enfoque inclusivo: son persoas con discapacidade intelectual quen desenvolven as accións científicas e técnicas de restauración mariña. “Deste xeito, reivindícase a súa capacidade para contribuír aos retos que a sociedade enfronta no seu conxunto”, sinala Amicos, engadindo que “nesta iniciativa participan de maneira directa 40 usuarios de Amicos en calidade de axentes medioambientais”.

Doutra banda, esta iniciativa incluirá unha campaña de sensibilización sobre a conservación dos ecosistemas mariños –como refuxio de especies autóctonas e fundamentais para loitar contra o cambio climático– dirixida a cidadáns e en particular ao sector pesqueiro, cuxa implicación é fundamental neste proxecto. Ao redor de 10 mariñeiros recibirán formación en conservación

Para Redeia, esta colaboración reforza a súa visión de negocio sostíbel e o seu compromiso co coidado dos océanos e das comunidades costeiras. A protección dos ecosistemas mariños é esencial para a biodiversidade, para a loita contra o cambio climático e para o futuro da sociedade. Este proxecto une ciencia, inclusión e sensibilización para xerar un impacto positivo real no ecosistema, as persoas e a economía.

O proxecto de gorgonias en Galicia enmárcase na plataforma Bosque Mariño, unha iniciativa estratéxica de Redeia para a conservación dos hábitats mariños de maior valor ecolóxico a través de restauración activa e pasiva realizadas con validación científica, así como acompañadas de accións de educación e divulgación ambiental.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.