Abanqueiro celebra esta fin de semana a súa Festa na Honra da Virxe do Carme

01 Setembro 2025

Unha nova directiva da Comisión Virxe do Carme de Abanqueiro recupera a Festa na Honra da Virxe do Carme, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de setembro. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa de actividades xunto con Victor Rey e José Manuel Dieste.

Segundo explicaron, as actividades comezan o venres día 5 coa misa na honra de San Sebastián, que será na Igrexa de Abanqueiro. Continúan o sábado coas alboradas con Arume e Salgueiriños, misa na honra de San Roque, actividades infantís e pola noite verbena con DJ Matrek.

O domingo 7 será o día grande coa misa cantada e procesión marítima na honra da Virxe do Carme, que será ás 11.30 horas no peirao do Bodión, e pola noite verbena con Grupo Aché e Xacobo de Mínimo Eventos.

“Retomamos esta festividade despois de moitos anos de interrupción cun programa que se vai desenvolver maioritariamente no campo da festa de Exipto pero que contará tamén coa tradicional misa e procesión marítima no Bodión”, afirmaron por parte da comisión.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, convidou á veciñanza a sumarse a esta festa que se recupera este ano: “Estamos no remate do verán pero a actividade cultural continúa en Boiro gracias ao gran traballo que fan as nosas comisións de festas”.

PROGRAMA

Venres 5 de setembro 

21.00h – misa na honra de San Sebastián na Igrexa de Abanqueiro 

Sábado 6 de setembro 

Alborada co grupo Arume e Os Salgueiriños 

12.00h – misa na honra de San Roque na Igrexa de Abanqueiro 

19.00h – actividades para nenos/as no campo da festa de Exipto 

22.00h – verbena con Matrek 

Domingo 7 de setembro 

11.30h – misa cantada na honra da Virxe do Carme no muelle do Bodión e procesión marítima con ofrenda floral verbena con Grupo Aché e Xacobo Mínimo Eventos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.