A Xunta impulsa en Galicia a investigación para o cultivo en catividade do salmonete de rocha

27 Setembro 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou esta semana en Ribeira o Centro Tecnolóxico do Clúster de Acuicultura (CETGA), onde se está a desenvolver unha investigación pioneira sobre o cultivo en catividade do salmonete de rocha. O obxectivo deste proxecto é sentar as bases para ampliar o catálogo produtivo da piscicultura galega.

A responsable autonómica destacou os avances desta iniciativa, na que colabora o Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA) e que se prolongará ata o ano 2027. Durante a visita, Suárez reuniuse co presidente e director do CETGA, Santiago Cabaleiro, para analizar novas liñas de colaboración co fin de reforzar a competitividade e o liderado galego no ámbito acuícola.

A directora xeral salientou tamén a importancia do talento investigador e do persoal cualificado para desenvolver proxectos ambiciosos como este e puxo en valor o apoio do Goberno galego a centros de investigación mariña como o CIMA, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) ou o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), todos dependentes da Consellería do Mar.

Neste contexto, Suárez subliñou que a Xunta promove a formación no ámbito marítimo-pesqueiro para ofrecer a mellor capacitación profesional aos novos traballadores, destacando o papel do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), referente nacional e internacional no ensino dos ciclos de Cultivos Mariños e Acuicultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.