A Xunta impulsa a primeira Lei do Clima de Galicia para acadar a neutralidade en emisións en 2040, dez anos antes da UE

08 Setembro 2025

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto da Lei do clima de Galicia, a primeira norma autonómica que fixa por lei o obxectivo de neutralidade climática. O presidente, Alfonso Rueda, anunciou que o texto será remitido ao Parlamento co obxectivo de que quede aprobado antes de que remate o ano.

A futura lei establece como meta que Galicia sexa unha comunidade neutra en emisións de gases de efecto invernadoiro no ano 2040, unha década antes do prazo marcado pola Unión Europea. Para logralo, prevé dotar á comunidade dos órganos, instrumentos e ferramentas necesarias, situando o clima como eixe transversal de todas as políticas públicas.

“Queremos que calquera contrato, plan ou política da Xunta teña en conta a perspectiva climática”, destacou Rueda. Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou que Galicia será a primeira comunidade en recoller este compromiso por lei, facilitando “unha transición ecolóxica xusta, sostible e xeradora de emprego verde”.

A norma recolle obxectivos concretos de mitigación e adaptación, como a redución nun 75 % das emisións en 2030 respecto a 1990 ou a creación de refuxios climáticos para protexer a poboación das vagas de calor. Tamén prevé cláusulas climáticas na contratación pública, a implantación dun sistema voluntario de créditos de carbono, novos instrumentos de planificación e a posta en marcha da Oficina de Cambio Climático de Galicia.

Segundo lembrou Rueda, Galicia xa lidera a redución de emisións no Estado, cunha baixada do 61,7 % das emisións netas de CO₂ desde 1990, “cinco veces máis que a media española”.

O proxecto lexislativo, que agora inicia a súa tramitación parlamentaria, permitirá consolidar e ampliar as medidas postas en marcha nos últimos anos, completando o marco normativo da sostibilidade e situando a Galicia á vangarda da loita contra o cambio climático en Europa.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.