A Xunta impulsa a posta en marcha dun novo centro día para persoas con alzhéimer en Boiro: AGADEA Hábitat

25 Setembro 2025

A Xunta, a través dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e da liña de axudas para o desenvolvemento de proxectos vencellados ás Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), vai financiar o novo centro de atención diúrna impulsado pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (AGADEA) en Boiro. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, achegouse este 25 de setembro ao municipio do Barbanza para coñecer de preto o proxecto AGADEA Hábitat, iniciado este ano, e que está previsto que finalice a execución o vindeiro ano. Foi recibida polo alcalde, José Ramón Romero, e a presidenta de AGADEA, Isabel Gey.

Villaverde situou esta iniciativa como “exemplo do impacto transversal destas actuacións que, neste caso, supón un investimento de 725.000 euros cunha achega autonómica de 200.000 euros, co-finaciados con fondos europeos”.

Explicou tamén que este proxecto é un dos 160 que foron aprobados este ano nos que o Goberno galego mobiliza 9,7 millóns de euros que, sumado as contribucións privadas, alcanzan os 15,8 millóns de euros. “Un recursos”, salientou, “que teñen un importante papel nas comunidades costeiras, contribuíndo a dinamizar e diversificar as súas economías, a promover a inclusión social, e a crear emprego”.

Entre as actuacións previstas esta a construción dun centro innovador de atención diúrna, con servizos especializados e actividades inclusivas, con capacidade para atender a máis de 40 persoas maiores e con discapacidade ao ano.

Tamén a construción de seis apartamentos adaptados para turismo sostíbel para acoller a mais de 300 persoas en situación de vulnerabilidade. Ademais, desenvolverá paquetes turísticos integrados con actividades vencelladas ao patrimonio marítimo e a cultura mariñeira cos que preténdese valorizar o sector pesqueiro e acuícola así como a inclusión interxeracional.

Marta Villaverde louvou “esta iniciativa que une a cohesión social, a posta en valor do sector pesqueiro e o turismo sostíbel e inclusivo, contribuíndo a fortalecer a pesca conectando a sociedade coa identidade mariñeira á vez que ofrece un servizo social esencia para as familias con persoas con discapacidade, que padecen alzhéimer ou outras demencias”.

Tamén resaltou o traballo que desenvolve a entidade promotora desde a súa creación en 1994 en diferentes municipios de toda Galicia.

Lembrou que a nosa terra conta con oito GALP, entidades colaboradoras da Consellería do Mar, distribuídas por todo o litoral galego que engloban a un total de 409 organizacións locais en representación dos sectores económicos, sociais e públicos dos que 97 son entidades do sector pesqueiro que representan a máis de 13.000 profesionais.

Na convocatoria destas axudas deste ano o GALP Ría de Arousa aprobou un total de 21 proxectos beneficiarios de máis de 1,7 millóns de euros en apoios autonómicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.