A Xunta facilita ás confrarías galegas a obtención do certificado sanitario para enrolarse nas embarcacións

25 Setembro 2025

A Xunta de Galicia tende a man ás confrarías que están a atopar dificultades para obter o certificado sanitario esixido polo Instituto Social da Mariña (ISM) para poder despachar e enrolarse nunha embarcación.

Neste contexto, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, clausurou na Pobra do Caramiñal un dos cursos promovidos polo seu departamento que permiten a obtención deste permiso, dando así resposta á problemática xerada pola falta de prazas libres nos centros habilitados polo organismo estatal, que non dispoñen de vacantes ata dentro de varios meses.

O curso, cunha duración de 22 horas e validez de cinco anos, permite obter este certificado de especialidade. Grazas á colaboración do Goberno galego, cun custo cero para os participantes, xa se impartiron 13 cursos deste tipo no que vai de ano, nos que se capacitaron 197 traballadores do mar.

A Consellería do Mar promove esta iniciativa a pesar de non ser da súa competencia, co obxectivo de contribuír á profesionalización dos traballadores e facilitar o embarque dos tripulantes. Segundo explicou Villaverde, en 2024 a Xunta investirá 12,3 millóns de euros para reforzar a rede de centros galegos e profesionalizar o sector, convertendo Galicia nunha referencia estatal nesta materia.

Esta estratexia busca garantir o relevo xeracional, atraer novos profesionais e asegurar a competitividade e sostibilidade do sector marítimo-pesqueiro galego.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.