A Policía Nacional incauta 1.500 quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal

13 Setembro 2025

A droga foi interceptada en terra, a bordo dun vehículo. No operativo traballaronn de maneira conxunta axentes da comisaría de Ribeira e de Vigo

A Policía Nacional comisou esta madrugada un alixo de 1.500 quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal, tras unha persecución na que os ocupantes do vehículo que transportaba a droga fuxiron ao ser detectados por axentes .

Remitida

A intervención produciuse nas inmediacións dunha gasolineira situada á entrada da vila, despois de que a mercadoría fose descargada nunha praia do municipio, previsiblemente na zona de Cabío. A droga era trasladada nun turismo con remolque, do que caeu durante a fuxida a tonelada e media de estupefaciente. Os investigadores sospeitan que outro coche, cargado cunha cantidade similar, conseguiu escapar.

O operativo, desenvolto no marco dun procedemento xudicial, iniciouse ao redor das catro da mañá coa participación de axentes das comisarías de Ribeira e Vigo, ademais do apoio dun helicóptero que continuou sobrevoando a localidade durante todo o sábado.

As pescudas céntranse agora na análise das cámaras de seguridade instaladas no polígono industrial da Tomada, a escasa distancia do lugar onde se consumou a intervención, así como noutros puntos do centro urbano.

A droga incautada estaba distribuída en fardos de catro colorees —azul, branco, amarelo e vermello—. Na zona aínda podían observarse esta mañá restos de cocaína, xunto a luvas utilizadas polos axentes e follas de piñeiro, especie predominante nos montes próximos á praia de Cabío.

Polo momento, non se produciron detencións, e a investigación continúa aberta para localizar tanto aos responsables do alixo como ao vehículo que logrou escapar con parte da carga.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.