A Pobra colabora con outras entidades culturais para enriquecer a oferta de lecer no curso 2025-2026

12 Setembro 2025

O Concello da Pobra reafirma o seu compromiso por ofrecer unha programación cultural e de lecer rica e variada colaborando con entidades na organización de actividades de baile, teatro e pintura. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e os monitores destas propostas, María, Aída e Orlando, presentaron as distintas propostas este venres 12 de setembro. Durante a súa intervención, a edil agradeceu a súa implicación “que con estes programas contribúen a ofrecer unha programación máis variada e con alternativas para veciños e veciñas de todas as idades e gustos”.

Por unha banda, as clases de baile, promovidas pola escola de baile El TomaSON, levaranse a cabo todos os xoves na Casa da Mocidade da Pobra. Ofreceranse sesións para nenos e nenas a partir de 3 anos (18.00 a 19.00 horas) e para persoas adultas (de 19.00 a 20.00 horas). As persoas interesadas poderán anotarse no teléfono 689 56 92 24.

A maiores, Espazo Mimarte celebrará, ao longo do curso 2025-2026, diferentes propostas para distintos rangos de idade: desde a de iniciación ao teatro, para os máis pequenos e pequenas, ata teatro infantil, xuvenil e para adultos, así como outra de acting. A entidade habilita o teléfono 672 661 789 e o correo espazoanimarte@gmail.com para consultas e inscricións.

Por último, os veciños e veciñas de todas terán tamén a oportunidade de mergullarse no mundo da pintura da man dos obradoiros de Alicia López. Os nenos e nenas poderán participar nestas sesións os xoves, de 17.30 a 19.00 horas, mentres que os adultos terán clase os martes, de 17.00 a 18.30 horas. A información e as reservas de praza poden facerse na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.