A Deputación da Coruña convoca o XII Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade

30 Setembro 2025

A Deputación da Coruña vén de convocar o XII Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade. O prazo de presentación de traballos estará aberto desde o 20 de setembro ata o 30 de outubro.

Repartirá 15.000 euros en premios: 5.000 para o gañador de cada unha das tres categorías a concurso: educación infantil, educación primaria e educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e grao medio.

O obxecto do certame –no que poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan esas tres modalidades de ensino referidas– é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así coma a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, así como a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.

A presentación dos proxectos e todos os trámites da convocatoria realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

As bases do certame están publicadas no BOP do 15 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.