A Consellería de Mar informa dun incremento no número de consumidores de produtos do mar grazas ao Bono Peixe

12 Setembro 2025

O Bono Peixe, impulsado e creado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, co obxectivo de incentivar a promoción e o consumo dos produtos marítimo-pesqueiros frescos, alcanzou este 12 de setembro o seu ecuador. No balance da Consellería faise saber que foi quen de incrementar a cifra de consumidores e espertar o interese na xente moza. Así se deprende, segundo destacou a responsábel deste departamento, Marta Villaverde, da información proporcionada polos establecementos adheridos, o que permite ao Goberno galego cumprir os obxectivos para a para a súa posta en marcha, o pasado 28 de xullo.

A titular de Mar deu a coñecer esta información en Teo, durante a visita realizada a unha das peixerías nas que se pode trocar o bono, e onde detallou que, na actualidade, son 200.780 descargas (86.961 na provincia de A Coruña, 75.429 na de Pontevedra, 19.886 na de Lugo e 18.504 na de Ourense) e 743 peixerías as que se sumaron a esta pioneira medida (288 na provincia de A Coruña, 299 na de Pontevedra, 78 na de Lugo e tamén 78 na de Ourense).

Villaverde aproveitou a ocasión para lembrar que a iniciativa aínda está vixente, polo que, tanto os usuarios poden seguir descargando os bonos, como os establecementos sumarse a esta iniciativa, que lles permite aos consumidores acceder a descontos do 25% nas súas compras ata un máximo de cinco euros semanais. No caso de non gastar todo o saldo, este poderá acumularse nas sucesivas semanas ata un máximo de 25 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.