A ANPA do Grupo volveu reclamar este luns un incremento no persoal do centro

15 Setembro 2025

Este luns a ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira volveuse concentrar na entrada do centro educativo para reclamar á Xunta o nomeamento urxente dun/a substituto/a para a titoría de de 3ºB de Educación Primaria. “Falamos dun colexio que conta con 420 alumnos/as de infantil e primaria afectados de xeito indirecto e a clase de 3ºB de educación primaria, con 23 nenos/as de 7/8 anos, algúns deles con graves necesidades especiais, afectados directamente”, sinalaron na concentración e cacerolada na que leron un manifesto sobre as necesidades do Grupo e na que participaron un cento de persoas. Participaron as persoas que integran a ANPA e tamén integrantes do Concello, como o alcalde Luís Pérez Barral, o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño, as concelleiras Cruz Rivadulla e Veva Betanzos, ou o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta.

ANPA decidiu concentrarse todos os luns ás 11:30 h ata que este mestre/a sexa nomeado.

Na protesta deste luns puxeron o foco na división do equipo directivo, nas obras sen rematar, na falta de espazos axeitados para o labor docente e nas dificultades para a atender o alumnado.

E sinalaron: “Levamos dende o primeiro día de curso en loita, reivindicando os dereitos do noso alumnado empezando pola substitución da titor/a do 3ºB de Primaria, un curso de 23 alumnos/as de 7-8 anos, algúns deles con grandes necesidades especiais; ademais deste gravísimo e inconcebíbel problema, tamén reivindicamos máis persoal de NEAE, apoio, desdobres e coidadores así como que poñan dunha vez en funcionamento o ascensor do edificio de Infantil que leva máis dun ano en construción; a reforma do edificio da vella comisaría, da cuberta do edificio de Infantil, do pavillón do colexio, do patio escolar e o pintado exterior do edificio principal; pero sen dúbida, que o urxente e inmediato e polo que non imos parar ata que se logre, é o nomeamento do titor/a para o curso de 3 ºB de E.Primaria”.

MANIFESTO

Bo día amigas e amigos,

unha vez máis dende a ANPA SANTA UXÍA DO CEIP O GRUPO DE RIBEIRA agradecemos a vosa colaboración nesta loita que estamos levando a cabo dende o inicio deste curso o pasado 08 de setembro xa que sen a vosa voz, o voso eco e a vosa difusión a opinión pública non coñecería a problematica que temos e as medidas e accións de protesta que estamos levando a cabo.

Para nós é fundamental que sigades a colaborar dun xeito tan estreito con nós, xa que está en xogo o futuro do alumnado do maior colexio público do municipio de Ribeira e un dos maiores da contorna, falamos de 420 alumnos/as de infantil e primaria afectados de xeito indirecto e a clase de 3ºB de educación primaria, con 23 nenos/as de 7/8 anos, algúns deles con graves necesidades especiais, afectados directamente.

Hoxe continuamos coas nosas movilizacións tal e como temos anunciado, foi durante o horario do recreo, de 11:30 a 12:00 h, realizando unha concentración+cacerolada coa lectura do manifesto que adxuntamos xunto ás imaxes da mesma e onde houbo un cento de persoas (naturalmente sen cativos/as xa que o alumnado está en horario escolar e estaba no patio traseiro do colexio cos profesorado de garda, o resto que puido apoio xunto ao equipo directivo a concentración); tamén convocamos á ASAMBLEA ABERTA que teremos esta tarde, ás 18 h, nas aulas da vella comisaría sita no recinto escolar do noso colexio, onde se exporá a situación e se decidirán novos actos de protesta a emprender. Na concentración de hoxe, que seguiremos celebrando todos os luns á mesma hora ata que se revolva este conflico que temos coa Consellería de Educación, apelamos directamente ao Conselleiro, xa que ao longo desta semana, nin o Xefe Territorial nin a Inspectora educativa, Indalecio e Carmen Cimadevila, tiveron a ben responder ao escrito que lle presexentamos o pasado luns 08/09, primeiro día de curso e que tamén adxuntamos.

Sabedes que levamos estos días atrás con movilizacións como concentracións, caceroladas, participamos na manifestación de Compostela do pasado sábado 13/09, escritos, etc. Hoxe colgamos no balcón da fachada do colexio unha pancarta na que rezan os lemas “O Grupo quere profes” e “Xunta, escoita, O Grupo está en loita” así como carteis convocando ás concentracións+caceroladas de todos os luns ás 11:30 h. Pero tamén anunciamos que recolleremos sinaturas para enviar á Consellería, pediremos o amparo da Valedora do Pobo e estudiaremos outras medidas a tomar.

Tras o comunicado no boletín semanas do Partido Popular de Ribeira, no que apoian publicamente as nosas demandas, volvemos a convidar a este partido aos actos de protesta que realizamos, como fixemos dende o primeiro momento, xa que entendemos que a educación pública é cousa de todas/os e non debía ter cores políticos, neste caso reclamamos á Xunta de Galicia, gobernada polo PP, algo que é xusto e obrigatorio por lei, que un curso de Primaria de 23 alumnos teña un titor/a propio que debía xa estar cuberto de xeito automático coas listas de substitución ao ser para cubrir unha vacante por comisión de servizos da titular da praza, non se trata dun mestre de apoio, de desdobre ou de NEAE senón dun titor/a dun curso titular de primaria, o 3º B, xa que O Grupo ten dúas liñas de cada curso de Primaria e este está dende o primeiro día do curso sen titora. Tamén convidamos ao Partido Popular de Ribeira a compañarnos na Asamblea desta tarde e solicitamos por correo electrónico unha reunión con eles e representantes da ANPA e das familias de 3ºB para explicarlles a situación e solicitarlles que eles interveñan ante o Conselleiro de Educación para que nomeen a ese titor/a, xa que non imos aceptar ningunha outra solución que non sexa o nomeamento do substituto/a titor/a para o 3ºB

Sen máis agardando que poidades dar a maior difusión a este comunicado, aproveitamos a ocasión para darvos novamente as grazas e poñémonos ao voso dispor para o que precisedes, grazas!

Unai González

Presidente da ANPA SANTA UXÍA DO CEIP O GRUPO DE RIBEIRABo día amigas e amigos,

Presidente da ANPA SANTA UXÍA DO CEIP O GRUPO DE RIBEIRA

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...