Venres 22, regresa o tempo anticiclónico con máis sol e temperaturas en ascenso

21 Agosto 2025

Recuperaramos este venres, de maneira transitoria, a influencia do anticiclón. Con esta situación, agárdase unha xornada marcada polas nubes baixas e néboas matinais en zonas de interior, que irán desaparecendo para dar paso a ceos secos e soleados na maior parte do territorio.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto nas máximas como nas mínimas. En canto ao vento, soprarán do nordés, en xeral frouxos no interior, pero moderados no litoral noroeste.

O sábado seguirá o tempo anticilónico con sol. O domingo baixan as temperaturas  con ceos máis nubrados canto máis ao oeste, onde poden rexistrarse algunhas chuvias febles.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.