UCIN Boiro denuncia o deixamento do goberno local en materia deportiva e alerta dun atraso nas subvencións

21 Agosto 2025

A agrupación UCIN Boiro lanzou unha grave advertencia pública ante o que cualifica de “absoluto deixamento” do goberno municipal na xestión das axudas destinadas a clubs e deportistas. Segundo denuncia a formación, as subvencións correspondentes ao ano 2024 nin sequera foron convocadas, o que podería provocar que os beneficiarios teñan que esperar ata 2026 para percibilas, acumulando un atraso de dous anos.

“Isto é unha auténtica vergoña. Os mozos, os clubs e os deportistas de Boiro ven como o seu esforzo, a súa dedicación e a súa paixón tópanse coa ineficacia e a falta de compromiso de quen debería protexelos e apoialos”, lamenta UCIN Boiro nun comunicado.

As axudas, lembran, son esenciais para sufragar material deportivo, transporte, inscricións e o mantemento das actividades, polo que a demora ameaza a continuidade de numerosos proxectos e limita as oportunidades dos mozos deportistas do municipio.

Desde UCIN Boiro sinalan directamente ao concelleiro de Deportes, a quen acusa de “pasividade absoluta”. “A súa actuación foi nula. Mentres cobra a súa dedicación exclusiva a final de mes, o deporte boirense sofre abandono tras abandono. A súa pasividade non é só incomprensible, é inaceptable”, denuncian.

A formación esixe medidas inmediatas: a convocatoria, tramitación e abono das axudas pendentes, así como a implantación dun protocolo que garanta que situacións como esta non se repitan. “Non imos permitir que os deportistas de Boiro sigan sendo os grandes esquecidos deste goberno. A súa paciencia ten un límite, e UCIN Boiro estará alí para esixir os seus dereitos ata o último momento”, remarcan.

UCIN Boiro conclúe reafirmando o seu compromiso de manter a presión “pública, política e mediática” ata que os clubs e deportistas do municipio reciban o respaldo económico que consideran xusto e necesario.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.