Turismo de Galicia e a Mancomunidade Barbanza Arousa destacan os bos datos do verán e apostan por promover o destino todo o ano

11 Agosto 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo este luns unha reunión co presidente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, acompañado pola xerente da entidade, Fátima Cachafeiro, para facer balance da tempada estival no destino.

Ambas partes coincidiron en valorar positivamente os datos turísticos deste verán e subliñaron a importancia de traballar conxuntamente para avanzar na desestacionalización e garantir a chegada de visitantes ao longo de todo o ano.

Merelles salientou a relevancia das accións de promoción e reiterou a disposición do seu departamento a apoiar iniciativas que difundan experiencias auténticas e diferenciais da contorna, como a tradición conserveira ou a ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Na reunión tamén se revisou o plan de sostibilidade da mancomunidade, poñendo en valor a aposta pola enogastronomía local como elemento de atracción turística, así como os proxectos desenvoltos ao abeiro do convenio da Xunta co xeodestino Barbanza Arousa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.