“Traballo e salario”. Luís Celeiro

17 Agosto 2025

O noso é un país que foi de emigrantes. Moitos sabemos como golpea no corazón de cadaquén e na
alma do pobo ese duro mazo da fame e da miseria, que obrigaba á nosa xente a arrear polo mundo,
na procura dun anaco de pan para facer sopas con auga quente e sen unto, como levaban as que
comían na casa, unha vez ao día ou cada segundo día. Emigraron milleiros, miles de milleiros dos
nosos galegos que, cunha man diante e outra detrás, foron a establecerse e traballar onde podían.
Foron polo mundo adiante e moitos non puideron volver.
Segundo escribe José Ramón Campos, entre 1885 e 1930, uns novecentos mil galegos emigraron a
países de América, “máis do cincuenta por cento da emigración española”. Embarcaban nos portos
da Coruña, Vilagarcía-Carril ou Vigo e facían a travesía en condicións difíciles, moitos deles non
sabían a onde se dirixía aquel barco enorme, máis grande que calquera das casas do lugar que
deixaban. Ían para Cuba, Porto Rico ou México, para Brasil, Arxentina e Uruguai, para onde estivera
un veciño agardando a chegada. Para aqueles países que querían man de obra barata de xente
traballadora, para os servizos, para a industria e para o que fose.
Cando se presenta a crise mundial de 1929, con aquela redución do comercio, mingua tamén o fluxo
migratorio e establécense controis da emigración. Sobre as orixes daquela crise, algúns estudosos
atribúena á superprodución e hai quen pensa que foi provocada polas desigualdades sociais, ao
existir unha numerosa clase traballadora mal pagada e, xa que logo, sen capacidade adquisitiva. Os
actuais lideres sociais e políticos deberían repasar a historia, para non repetir erros que poden costar
caros, outra vez máis.
A emigración galega, ata xa ben entrado o século vinte, era maioritariamente masculina. A nosa
sociedade tiña unha estrutura sexista e as mulleres deberían ir acompañadas dun familiar ou seren
reclamadas dende o país de destino. Eran aqueles tempos. Por certo, parecidos aos tempos dos
inmigrantes que se achegan agora a Galicia ou a Europa. Os galegos que marchaban, moitos deles
analfabetos, tiñan unha idade media entre dezaoito e vinte anos, máis ou menos, como os
inmigrantes de hoxe. Neste caso, a Tía Manuela entende que “é necesario o respecto mutuo,
traballo e salario”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.