Titiriberia arrinca este martes 12 en Rianxo a súa 10ª función con tres espectáculos e a inauguración da exposición de “Os monicreques de Kukas”

11 Agosto 2025

O Titiriberia: Festival de Títeres Tradicionais, organizado en Rianxo pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebrará a súa décima edición entre o 12 e 17 de agosto. Este ano, o programa incluirá unha trintena de espectáculos da man de 19 compañías procedentes de Galicia, Portugal, Euskadi, Navarra, Aragón e Valencia. A actividade arrinca mañá martes 12 de agosto cunha primeira xornada que incluirá tres espectáculos, a inauguración da exposición sobre Os monicreques de Kukas e apertura da Feira Vella no Campo de Arriba.

Ás 11.00 horas principiará a programación en Campo Maneiro coa obra Basoa, espectáculo para a cativada da compañía navarra Firulete. A obra fálanos de Uxue, que está preocupada pola súa avoa perdida. Para pedir axuda, Uxue métese no bosque. Encontrase así a seres mitolóxicos que lle irán ensinando diferentes leccións.

Ás 12.00 horas teremos o espectáculo A festa dos títeres, unha ruada producida polo propio festival no que participan o grupo musical Vai de Roda, así como tamén as compañías galegas Títeres Alakrán, co seu Barriga Verde Xigante, e Viravolta, cos seus cabezudos. Trátase dun espectáculo itinerante que, ademais de animar a vila, representa historias populares a través desta tradicional forma escénica. O punto de partida é o Auditorio de Rianxo.

Entre as 12 e as 14 horas, celebrarase a primeira sesión de xogos populares na Feira Vella, que se instalará un ano máis no Campo de Arriba. Seguindo a liña de recuperación de negocios de rúa e antigas feiras, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Reunirá unha colección de xogos populares e atraccións tradicionais de feira que estarán a disposición do público. Animacións como a ra e o pimpampún, os autómatas KINETIKO e máis xogos estarán a disposición do público de xeito gratuíto e con animación a cargo de voluntariado e persoal da asociación.

Xa pola tarde, ás 19.30 horas, inaugurarase a exposición de Os Monicreques de Kukas no Auditorio. Os integrantes desta compañía Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey, realizarán un repaso das pezas presentes na exposición dedicada á súa carreira, que abrangue máis de 45 anos de traxectoria. Alén do contexto de cada produción, neste percorrido darán a coñecer as dificultades técnicas, a intención expresiva e as anécdotas vencelladas a cada un dos elementos presentes.

A xornada concluirá ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo, coa función Esperta o rinoceronte, da compañía galega Nao Caracola. A obra trata de Bambú, quen leva unha vida apracíbel, goza da súa contorna, coñécea e por iso ámaa. Isto ensinoullo a súa avoa. Grazas a ela, Bambú sabe que as cousas que realmente importan non sempre son as que brillan, que só vemos ben co corazón e que non importa o grande que sexa o obstáculo, sempre hai unha solución.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.