Sábado 16, brétemas costeiras e lixeiro descenso das temperaturas

15 Agosto 2025

Galicia vivirá este sábado, San Roque ( festivo local en Santiago) , unha xornada de tempo seco, marcada pola presenza de brétemas costeiras, especialmente densas durante a primeira metade do día en todo o litoral. A situación atmosférica virá condicionada por unha configuración pouco definida entre un anticiclón situado sobre as Illas Británicas e unha baixa relativa ao oeste da comunidade.

No interior, agárdanse algunhas néboas matinais, mentres que no resto do territorio predominarán os ceos despexados. Pola tarde, as néboas seguirán presentes na metade norte.

As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado descenso no litoral norte e nas Rías Baixas, mentres que no resto de Galicia permanecerán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo do sur pola mañá, para virar a compoñente oeste-noroeste durante a tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.