Rois despide o domingo 31 de agosto a temporada da Piscina Municipal de Senra

25 Agosto 2025

Durante todo o verán, a Piscina Municipal de Rois converteuse nun dos espazos máis frecuentados do municipio, especialmente nos días de altas temperaturas, “ofrecendo”, en palabras do Concello, “unha alternativa segura e saudábel para todas as idades”. Nesta temporada solicitáronse e entregáronse 371 carnés de acceso, aos que se sumaron tamén numerosas persoas que optaron por acceder mediante entradas de día. O resultado foi “unha grande afluencia de usuarios durante todo o verán, que se intensificou nos días da vaga de calor, convertendo a piscina nun dos principais puntos de encontro e lecer da veciñanza”, explicaron dende o Goberno local.

“Desde o Concello de Rois, queremos agradecer a todos os usuarios a súa presenza e comportamento, que permitiron que a piscina se mantivese como un espazo de convivencia e desfrute seguro para familias, nenos e persoas de todas as idades”, engadiron.

O peche de temporada terá lugar este domingo, en horario habitual de apertura: de 16:00 a 20:30.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.