Ribeira venera á patroa do mar cunha multitudinaria procesión marítima

02 Agosto 2025

Ribeira encheuse de emoción, cor e devoción na festividade da Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros. Este ano, a tradicional procesión marítima congregou a miles de persoas no peirao, quen, ao ritmo dos bombos de palenque e entre aclamacións de “Viva a Virxe do Carmen!”, viviron unha xornada única chea de fervor relixioso e festivo.

O Rinchador liderou a procesión, que contou coa participación de máis de medio cento de embarcacións. Grandes barcos de pesca e pequenas lanchas sucaron as augas da ría, mentres os mariñeiros e pescadores de Ribeira, xunto con familias e turistas, acompañaban a imaxe da Virxe desde o porto.

Previa á procesión marítima celebrouse a misa en Honra do Carme na lonxa de Ribeira que encehouse de fieis. O percorrido, tivo como destino O Sinal, un punto crave na celebración onde se realizou a emotiva ofrenda floral. As coroas de flores, lanzadas ao mar, foron o símbolo de respecto e agradecemento dos mariñeiros pola protección divina que reciben ao longo do ano.

A pesar de que as condicións do vento foron un factor decisivo, o mar ofreceu a calma necesaria para que a procesión desenvolvésese de acordo ao planeado. Os barcos, adornados con bandeiras e estandartes, avanzaron pola ría nun espectáculo visual que impresionou tanto aos locais como aos visitantes.

A xornada concluíu co regreso das embarcacións ao porto, onde o fervor popular trasladouse ás rúas de Ribeira, que continuaron con música, danzas e o ambiente festivo característico da celebración. A festa, que rememora as raíces mariñeiras da localidade, non só ten un profundo significado relixioso, senón que tamén resalta a conexión espiritual da comunidade co mar, vital para a súa economía e cultura.

A festividade da Virxe do Carmen en Ribeira segue sendo unha das celebracións máis esperadas do ano, unindo xeracións nunha mostra de respecto, tradición e devoción á patroa do mar.

A misa solemne e posterior procesión presidida polo párroco de Santa Uxía Alfonso Mera, contou coa participación de autoridades locais e autonómicas entre elas a conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...