Rianxo presenta unha campaña de concienciación cidadá para favorecer o uso responsábel da auga

04 Agosto 2025

O Concelleiro de Obras e Medio Ambiente de Rianxo, José Alberto Angueira, presentou este luns 4 de agosto a campaña de concienciación do Executivo de Rianxo e de Viaqua en relación a facer un consumo responsábel da auga. Segundo indicou, “estas recomendacións non implican, polo momento, a implantación de restricións nin prohibicións, mais pretenden sensibilizar ao conxunta da cidadanía sobre a importancia de usar de xeito racional a auga nunha época na que o recurso vai a menos e os consumos aumentan de maneira moi importante polas diferentes actividades que se desenvolven, así como polo aumento da poboación no noso municipio”.

Explicou tamén que nas “últimas semanas estase a rexistrar unha situación de escaseza de recursos hídricos que, aínda que non é crítica, leva ás autoridades e entidades xestoras a facer un chamamento á cidadanía para adoptar boas prácticas no consumo da auga da rede pública”.

Segundo a información publicada pola Xunta de Galicia, non hai activadas alertas nin pre-alertas por seca na nosa demarcación hidrográfica. Con todo, a evolución hidrolóxica está a ser seguida con atención, e recoméndase aplicar medidas de aforro no uso doméstico da auga.

A campaña do Concello de Rianxo pon o foco nas cousas que pode facer a cidadanía para non estragar recursos hídricos en catro ámbitos fundamentais: na cociña, no baño, no xardín e na piscina. Podemos ver ao detalle estas recomendacións na web municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.