Peñas Boiro AC celebra o vindeiro sábado 23 de agosto a VI edición da Romaría das Peñas

20 Agosto 2025

O Concello de Boiro colabora con Peñas Boiro AC na VI edición da Romaría das Peñas, que terá lugar o sábado 23 de agosto no parque da Cachada. O alcalde, José Ramón Romero, acompañou a David Laíño, presidente de Peñas Boiro AC, e a outros membros da directiva na presentación do programa.

As actividades comezarán ás 16.30 horas coa xuntanza peñeira no Parque da Cachada e os tradicionais xogos peñeiros que comezarán ás 17.00 horas. Haberá tamén unha festa da escuma e inchábeis para pequenos e maiores así como unha festa holi.

Ás 19.00 horas dará comezo a sesión musical co macro escenario Euphoria e actuacións de Galician Army, Mateo Abelleira, Khris Guez, Manu X, DJ Quin, DJ You e Goxi de Bao.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.