Pakolas presenta o espectáculo familiar “Ecoralia” no marco das Festas de San Ramón

28 Agosto 2025

Este domingo 31 de agosto ás 17.00 horas, no marco das Festas San Ramón de Bealo, a rapazada de Boiro e da contorna poderá desfrutar co espectáculo infantil Ecoralia, a lambona ecolóxica unha actividade do músico galego Pakolas para público e familiar.

En Ecoralia, a lambona ecolóxica Pakolas preséntanos o seu último libro-disco, editado polo CRAEGA (Decembro-2024), e dispoñible a partir de 2025 en todas as bibliotecas de Galicia

Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ecoralia, que nos ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

Así, a través das cancións e a narración, adentramos nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Pero ela non era coma as demais…

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.