O PSdEG di que a Xunta mantén dende xaneiro bloqueados 8,3 millóns de euros en fondos europeos de prevención de incendios

20 Agosto 2025

O PSdG comunicou este mércores 20 de agosto, por boca do seu voceiro autonómico, José Ramón Gómez Besteiro, e da deputada Carmen Dacosta, que “a Xunta de Galicia leva desde xaneiro bloqueados 8,3 millóns de euros de fondos europeos destinados á prevención de incendios forestais, o que deixou sen executar traballos esenciais nun verán marcado por unha vaga de lumes que arrasou miles de hectáreas”.

A deputada socialista Carmen Dacosta dixo que a Consellería do Medio Rural mantén sen resolver dúas liñas clave: 2,99 millóns de euros en obras de infraestruturas de prevención, repartidos en nove lotes aínda sen adxudica; e 5,4 millóns de euros en subvencións para actuacións preventivas (480 expedientes presentados), tamén pendentes de resolución.

“Estamos a falar de rozas, cortalumes, pistas forestais… tarefas que deberían estar feitas desde a primavera e que hoxe, sinxelamente, non existen sobre o terreo. É desolador ver que moitas desas actuacións estaban previstas precisamente en zonas que agora arden”, denunciou Dacosta.

“A prevención non pode seguir atrapada en trámites e papeis. Galicia non pode permitirse que os cartos europeos queden nos despachos mentres o lume arrasa o noso territorio”, sinalou.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu que” a prioridade inmediata segue sendo apagar os lumes, garantir a seguridade da veciñanza e apoiar ás familias afectadas”. Con todo, recalcou que, unha vez controlada a emerxencia, “o presidente Rueda deberá render contas pola súa xestión da vaga de incendios, e pola dispoñibilidade efectiva dos recursos e medios empregados nas tarefas de extinción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.