O proxecto “A volta das bestas” busca recuperar os nosos cabalos salvaxes e permítenos amadriñar unha grea de bestas en Froxán por só 1 euro ao mes

12 Agosto 2025

A fundación ambiental Naiterra, centrada en boa medida en recuperar a biodiversidade do bosque autóctono galego, vén de dar un primeiro impulso ao proxecto A volta das bestas, que busca pór en valor a presenza de cabalos salvaxes no monte de Froxán, no concello de Lousame, recoñecido en 2017 pola ONU como Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA). Un dos obxectivos desta recuperación é previr lumes non monte grazas á acción directa dos cabalos en materia de limpeza do monte baixo e favorecedores do equilibro e a harmonía ambienta. O proxecto acompáñase dunha campaña de micromecenado que permitirá amadriñar a grea de bestas de Froxán por apenas 1 euro ao mes, a través da plataforma Teaming.

“As bestas son fundamentais para reducir o risco de incendios, controlar a biomasa, evitar a perda de solo e reter carbono, e tamén son imprescindíbeis para manter hábitats prioritarios como as turbeiras ou os queirogais húmidos atlánticos”, sinalan dende a fundación.

Co apoio de Naiterra introduciranse as primeiras eguas a mediados deste mes de agosto, que se suman ao garañón adquirido por Montescola para formar a primeira grea que liberarán no monte.

As achegas de micromecenado, cunha dedución do 80% no IRPF, servirán para aumentar a grea ata os 10 cabalos nos próximos meses así como a crear infraestrutura básica para o manexo e protección dos animais. Deste xeito, preténdese contribuír para a reversión da perda de cabalos salvaxes, que pasou de 20.000 animais nos anos 1970 a menos da metade, con apenas algúns centos de exemplares no Barbanza.

O papel dos grandes herbívoros na prevención de lumes

Na Serra do Barbanza, as paisaxes abertas de queirogal están a desaparecer e degradarse debido á expansión do eucalipto e acacia, e á matorralización derivada da redución dos cabalos salvaxes e a desaparición doutros usos tradicionais. O resultado é unha paisaxe con menor biodiversidade e moi inflamábel, que sofre incendios recorrentes, con cada vez menor resiliencia e capacidade de fornecer servizos ecosistémicos á poboación que rodea a Serra, como é a auga.

Desde os anos 1990 produciuse un declive xeneralizado das poboacións de cabalos salvaxes, especialmente logo da introdución a partir de 2008 da obrigatoriedade de rexistro e identificación de microchip (ao equiparse legalmente a cabalos domésticos) e os conflitos de uso. O colapso das greas tamén levou á desarticulación das poboacións de lobo e a un aumento da conflituosidade con esta especie.

A volta das bestas contribuirá a restaurar os hábitats de queirogal e turbeira e os procesos naturais mediante a recuperación do pastoreo natural con cabalos salvaxes. “Isto fomentará unha paisaxe máis resiliente aos incendios complementando os esforzos que ven facendo a Comunidade de Froxán na última década, plantando máis de 20.000 árbores frondosas e consolidando un cortalumes verde de case 50 ha, que agora axudarán a manter os cabalos en liberdade”, sinalan os impulsores do proxecto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.