O programa de emprego xuvenil de Boiro, A Pobra e Rianxo para a mocidade organiza unha xornada sobre ciberseguridade na empresa e os retos da Intelixencia Artificial

28 Agosto 2025

O Programa de Emprego Xuventude I que levan a cabo de forma conxunta os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra, organiza unha xornada formativa en ciberseguridade na empresa e os retos ante a implantación da IA (Intelixencia Artificial). A xornada será aberta ao público e terá lugar o xoves 4 de setembro no salón de actos do auditorio de Rianxo.

A primeira das intervencións será ás 10.00 horas e tratará sobre Ciberseguridade na empresa e será impartida por José Antonio Resúa, técnico informático do Concello de Boiro e experto en tecnoloxías e servizos de protección tecnolóxica. Logo dun descanso celebrarase o segundo relatorio, que porá o foco nos Retos da empresa/economía ante a implantación da IA e será impartido por Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor titular da Facultade de CC Políticas da USC.

O Programa de Emprego Xuventude I é un programa mixto de emprego e formación promovido polo Concello de Boiro xunto cos Concellos de Rianxo e A Pobra que está co-financiado pola Consellería e Emprego, Comercio e Emigración e a Unión Europea a través do mecanismo FSE+. Está dirixido a persoas de 18 a 30 anos cuxa finalidade é facilitar a inserción laboral de persoas mozas desempregadas por medio da súa cualificación profesional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.