O Pazo de Goiáns acollerá a segunda edición do Boviño Wine Fest esta fin de semana

05 Agosto 2025

O emblemático Pazo de Goiáns converterase esta fin de semana no epicentro da cultura do viño coa celebración da segunda edición do Boviño Wine Fest, un evento que combina viño, gastronomía, arte e música para promover os caldos da IXP Terras de Barbanza e Iria e poñer en valor os produtos e paisaxes da comarca.

A cita desenvolverase os días 7, 8, 9 e 10 de agosto en diferentes localizacións de Boiro, con epicentro no Pazo de Goiáns, e contará coa participación de 13 adegas galegas, ademais de produtores de mariscos, conservas, mexillóns ou sardiñas, entre outros produtos locais.

Un programa para os sentidos

A programación arrinca o xoves 7 de agosto na etárea Ángel Mar cunha cata sorpresa, unha visita teatralizada a cargo de Victor Mosquera e Josito Porto, e unha degustación de mariscos elaborados por Kike Piñeiro, cociñeiro de A Horta do Obradoiro.

O venres 8, a acción trasládase á adega Entre os Ríos da Pobra do Caramiñal, onde a partir das 19:00 h haberá un roteiro polos viñedos, degustación de conservas gourmet e unha cata musical ao ritmo de soul wine, con Julián Maeso e Juanjo Figueroa Treus.

O día forte será o sábado 9, xa no Pazo de Goiáns, cunha ampla programación que comezará ás 11:00 h coa apertura dos espazos gastronómicos, o túnel do viño, zona de adegas convidadas, zona Alhambra e sesións con DJs. Tamén haberá un roteiro botánico polos xardíns a cargo de Xulio Gutiérrez, e ás 12:30 h unha nova cata musical con Juanjo Figueroa Treus.

Pola tarde, ás 19:00 h, actuará Grison Beatbox, e entre as 19:00 e as 23:00 h abrirase o túnel do viño das IXPs galegas, con máis de 50 referencias diferentes. A partir da medianoite, os locais de ocio nocturno de Boiro sumaranse ao festival servindo conviñados especiais elaborados cos viños das IXP.

O domingo 10, a xornada comezará ás 12:00 h co inicio da sesión matinal “Un viño con sombreiro”, onde as persoas asistentes deberán levar na cabeza un sombreiro ou gorro para participar. Haberá máis música en directo e seguirán abertos os espazos gastronómicos e de cata.

Entradas e participación

As entradas poden adquirirse na web www.apousada.eu ou directamente na Pousada. Están dispoñibles tanto abonos para os catro días, como entradas individuais para cada actividade, incluíndo catas e actividades gratuítas.

O Boviño Wine Fest aposta por un formato artístico e lúdico, no que as catas se afastan do carácter técnico para ofrecer experiencias sensoriais ligadas á música, a paisaxe e a cultura local, nun entorno patrimonial único como o Pazo de Goiáns.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.