O Outono das Artes da Deputación ofrecerá máis de 90 actividades en toda a provincia (tamén en Ribeira, Muros e Rianxo)

29 Agosto 2025

A Deputación da Coruña presentou o ciclo Outono das Artes 2025, en palabras da entidade provincial “unha ampla programación cultural que levará máis de noventa actividades de música, danza, teatro e audiovisual a concellos de toda a provincia entre os meses de setembro e decembro”.

A deputada de cultura, Natividade González, foi a encargada de presentar o ciclo na Casa das Asociacións de Santiago, acompañada da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e de representantes de algunhas das actividades programadas.

A primeira cita será o 6 de setembro en Santiago de Compostela, no Campo de Conxo, co concerto da banda De Ninghures. A partir desa data, o programa viaxará por vilas e cidades como Ortigueira, Ferrol, Negreira, Sada, Ribeira, Oroso, Carral, Muros, Pontedeume, Betanzos, Carballo, Rianxo ou Vimianzo, entre moitas outras, ofrecendo propostas que abranguen desde concertos e recitais ata pezas de danza contemporánea, teatro familiar e proxeccións audiovisuais.

O calendario de setembro inclúe actividades todas as fins de semana e tamén en horarios de tarde e noite, co obxectivo de facilitar a participación de públicos diversos. As propostas van desde espectáculos pensados para a infancia e as familias ata recitais e representacións dirixidas a un público adulto, reforzando así o carácter plural e inclusivo do ciclo, informou a Deputación.

Ademais de De Ninghures, completan o programa de Outono das Artes artistas como Uxía, Donaire, Sumrrá, Xacarandaina ou a Orquestra de Cámara Galega; compañías de teatro como Morraoconto, Pérez & Ferández ou Os Náufragos; de danza como Morriña Dance Project, Laboratorio Escénico ou Gallaecia eventos, e producións audiovisuais como Ratiña, de Alicia Úbeda, Prisciliano e a Gallaecia, de Arraianos ou Lévame a Idea, de Navíos e Folerpas, entre outros.

O ciclo manterase activo ata mediados de decembro, pechando cunha programación especial de teatro, danza e concertos en diferentes puntos da provincia. A programación completa, con datas, horarios e localizacións, pode consultarse nas canles oficiais da Deputación da Coruña.

Programación de setembro

· Día 6

DE NINGHURES

Campo de Conxo, Santiago de Compostela ás 21:00 h.

· Día 7

DE NINGHURES

Praza Pola da Ribeira, Espasante (Ortigueira) ás 20:00 h.

Día 14

NA CERNA DO SON / GALLAECIA EVENTOS – DANZA

Igrexa de Santa Maria de Mogor, O Barqueiro Mañón ás 18:00 h.

Día 17

RATIÑA / ALICIA ÚBEDA – AUDIOVISUAL

Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol ás 20:30 h.

· Día 19

TROMSO / MORRAOCONTO – TEATRO

Casa da cultura de Ordes ás 20:00 h.

· Día 20

TROMSO / MORRAOCONTO – TEATRO

Negreira, Auditorio Afonso Eanes do Cotón ás 21:00 h.

SERÁ POR FLORES / UXÍA – MÚSICA

Auditorio Municipal de Ribeira ás 20:00 h.

Día 21

TROMSO / MORRAOCONTO – TEATRO

Sada, auditorio auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 19:00 h.

Día 28

NA CERNA DO SON / GALLAECIA EVENTOS – DANZA

Casino Aresano ás 20:00 h.

DE NINGHURES – MÚSICA

Paseo do Carboeiro, Oroso ás 14:00 h.

25 ANIVERSARIO / DONAIRE – MÚSICA

Centro Cultural da Ponte Vella, Reis, Teo ás 19:00 h.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.