O musical “Coco, recuérdame” chega a Ribeira en outubro

13 Agosto 2025

O Concello de Ribeira presentou este mércores 13 de agosto o espectáculo infantil Coco, recuérdame. O Musical, que chegará ao Auditorio Municipal en outubro. Á presentación acudiu a concelleira de Cultura, Antía Alberte xunto ao promotor de Espectáculos Cantaruxa, David Sampedro. A concelleira informou que hai unhas semanas xa se deu a coñecer o espectáculo de “El Brujo” para o 18 de outubro “ao que se lle sumará outra proposta no Auditorio, para a fin de semana anterior, o sábado 11 de outubro e para público infantil e de carácter familiar”. Nese día, engadiu, “teremos a oportunidade de gozar do musical Coco, recuérdame, grazas á colaboración coa produtora local Espectáculos Cantaruxa, especializada na organización de eventos dende hai máis de dúas década”.

Este é un espectáculo, un musical de carácter familiar, que dende 2018 conquistou os escenarios máis prestixiosos de España, cun elenco de primeiro nivel e baseado na historia de Coco, de Disney Pixar. Ofreceranse dous pases, ás 17:00 e ás 19:30 horas e as entradas estarán á venda dende o vindeiro luns 18 de agosto, cun prezo de 14 euros (máis gastos de xestión- quedando en 15,60 euros). Alberte destacou que por motivos de aforo todas as persoas, independentemente da idade, deberán mercar a súa entrada.

Coma sempre, as entradas poderanse mercar online a través da plataforma ataquilla.com e tamén de xeito presencial na Oficina de atención cidadá da
Casa do Concello en horario de 9 a 14 horas dende o luns 18 de agosto. Alberte rematou anunciando novas propostas, “con esta nova incorporación,
xunto con outras que presentaremos en breve como a Mostra de Teatro, configuraremos unha oferta moi completa e atractiva para o outono-inverno do Auditorio Municipal que xestiona a Concellería de Cultura”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.